Programa Eleccións Municipais do 27 de Maio
Por un proxecto de todos
O noso proxecto consiste en que Boiro debe desenrolarse en beneficio de tódolos cidadáns, tendo en conta as opinión dos sectores sociais polo equipo de goberno do Concello.
Servizos Sociais
Os nosos maiores despois de largos anos de traballo ben merecen todos os nosos esforzos para que leven unha vida o mais cómoda posible, pero en moitos casos a economía familiar non da para poder atendelos como quixeramos por ter que traballar fora.
Crearemos un Xeriátrico e Residencia. Mais asistentas/es sociais, así como mais auxiliares a domicilio. E inmoral ter as persoas desatendidas, tanto desde as Institucións, como dos particulares.
Reclamaremos un servizo médico do Sergas, para Escarabote como hai en Cabo de Cruz.
Seguridade Cidadán
E imprescindible hoxe manter mais que nunca a seguridade cidadán. Os nosos espazos públicos, o patrimonio municipal, privado, domicilios, comercios, bens, e a nosa integridade física e moral, deben de estar protexida po-los gobernos, cos medios que a sociedade aporta (impostos). O gobernante non pode fiar o rizo.
Por iso, a Policía Local de Boiro, que tan ben prestou os servizos diúrnos e nocturnos dende 1983, sendo o primeiro da comarca, volverá a brillar, con dirección, diálogo e control, por qué terán interlocutor válido, para axudar e protexer o Pobo de Boiro.
Aparcamentos, tráfico, parques, rúas e xardíns
Habilitaremos aparcamentos en abundancia para desenrolar a nosa vida diaria, tanto os cidadáns locais e das parroquias, así como os visitantes. Pagar multas por non ter sitio non é doado.
Os parques, rúas e xardíns estarán limpos como unha patena. Os cans non andarán poñendo os seus excrementos nas beirarúas, nin nos xardíns por dende andan os cidadáns, e os nenos xogando. Terán os seus lugares para facer esas necesidades coma nos.
Parque de atraccións
O parque de atraccións, previsto no pasado, temos que recuperar esta iniciativa tan importante para xerar postos de traballo e para o desenrolo de Boiro, como apoio complementario.
Outras xestións urxentes
Escola Taller para recuperar e restaurar os muíños, que hai o largo dos ríos. Son atractivo turístico para facer senderismo. Beirarrúas de Cespón - Brea - Ponte Beluso e Beluso. Paseos de Coroño, Escarabote, Esteiro, Mañóns e Río Breiro. Porto Deportivo de Cabo da Cruz, Ampliación do polígono para as industrias en espera. Estación de autobuses. Novo espazo para as festas e mercadillo. Planta de Biomasa para limpar os montes, librarnos dos incendios, e librar os propietarios das fortes sancións.
Non só somos políticos, somos xestores
A mala xestión equivale á suba de impostos e malos servizos. A maior parte dos cidadáns xa non pode soportar tantos impostos, que aumentaron nestes últimos anos por culpa dunha mala xestión e descontrol do gasto. Nós comprometemos a non subir os impostos, eliminando o descontrol do gasto, e a mellora dos servizos pola nosa experiencia e dedicación.
Participación cidadá, e comisión de transparencia
As asociacións de veciños, empresarios, comunidades de montes, etc. Participarán na elaboración dos presupostos municipais para que estes sexan transparentes, honestos e eficaces. Acabaremos co escurantismo, que entraña ineficacia, ademais de que, dese xeito os cidadáns de Boiro saberán como está o Concello economicamente, sen tapuxos. Se poñerá en marcha a Comisión de Transparencia, aprobada en Pleno a proposta de IC Boiro, que o BNG, PSOE, non quixeron por en marcha, a pesares de habela aprobado.
É corrinte que o goberno e a oposición entren en conflito, acusándose mutuamente e afirmando o contrario do outro, sen que o Alcalde facilite os datos que solicita a oposición. Por iso esta Comisión de 5 persoas elixidas por sorteo de diversos sectores sociais, será a solución neutral de transparencia, creando confianza no Concello.
O turismo como negocio
Boiro reúne tódalas condicións para ser líder na bisbarra por ter 37 kilómetros de praias, montaña, ríos, arqueoloxía, situación xeográfica privilexiada. Con isto benefícianse tódalas economías: hostalería, industria e comercio, construción, etc. O concello ten que liderar tamén a súa promoción.
Por un negocio de todos
Un plan urbanístico feito coa participación das organizacións cidadás será a mellor forma de defende-los intereses xerais, non como está ocorrendo. A política urbanística debe de dirixila o goberno, non os especuladores tendo en conta a opinión dos propietarios. O plan urbanístico para que sexa de interese xeral ten que ser un potente motor para o desenrolo de Boiro onde beneficie a todos en calidade de vida e en participación da renta do mesmo, a través de convenios que beneficien ó Concello economicamente, para que non haxa que recorrer á suba de impostos; e ademais o desenrolo industrial, turístico, comercial e estético dependen da elaboración dun plan que estea na mente do gobernante.
Xuventude
Sabemos que en Galicia chove durante moitos meses do ano, e as familias vense moi agobiadas cos nenos na casa todo o día de choiva. Por iso consideramos que é necesario parques infantís cubertos. En todas as parroquias poñer a disposición da xuventude todas as instalacións deportivas que hai no municipio.
O acuario é un complemento turístico e didáctico. Por iso é imprescindible a construción deste importante centro de ocio e información para Boiro. Habilitaremos espazos para xogar. Hai que facilitarlle a xuventude formulas sans de entretemento en beneficio de unha sociedade san.
Creación de vivendas sociais para facilitarlle a xuventude unha vivenda de calidade e accesible.
Instalaremos internet en tódolos locais sociais de tódalas parroquias para que os xóvenes podan acceder as novas tecnoloxías.
Boiromostra é moi importante
A dinamización do comercio, da industria e da hostalería local, é a promoción turística da imaxe de Boiro no exterior, por iso rescataremos Boiromostra cunhas novas instalacións, para feiras monográficas. Temos que pegar un salto cualitativo para conseguir un turismo de mais poder adquisitivo, con hoteis de talasoterapia, campo de Golf, porto deportivo, etc.
O centro do Barbanza
Boiro é o centro da bisbarra do Barbanza é o modo de comunicacións entre outras vilas da comarca, polo que é preciso que esta realidade sirva para instalar outros servizos administrativos da bisbarra. Se fomos centro para a recepción de residuos urbanos da bisbarra é lóxico que a administración pública teña en conta a Boiro, para que non pase como co Hospital do Barbanza, que foi para ó extremo.
Escola de hostalería, Palacio de Congresos para grandes eventos, nesta poboación de 80 mil habitantes na Mancomunidade. Ferrocarril.