Presentación
INICIATIVA CIDADÁ DE BOIRO (IC BOIRO) foi creada para profundizar na democracia local, base da democracia global, é decir, horizontal, non vertical, como se está a facer cada vez máis nestes tempos, onde a opinión pública, base da democracia, está en contra do que queren facer algúns dirixentes belicistas. Non estamos ó servizo das oligarquías de partido, nin intereses espurios.
Preténdese, por tanto, que os boirenses poidan formar parte de ICB, sen estar obrigados a pagar cota, como ocorre con outros partidos estatais, quedando fora moitas persoas que poden ser útiles á sociedade na que viven. Non cabe dúbida que unha organización ten gastos, pero estos serán cubertos por quen poida voluntariamente, non habendo discriminación de cidadáns por motivos económicos.
Iniciativa Cidadá de Boiro, pretende ser unha escola da democracia, onde tods poidan aportar a súa opinión, que, en moitos casos, será favorable para resolver os problemas da sociedade boirense, única á que temos que rendir contas claras, transparencia, honestidade e eficacia.
A política non ten porque ser mala, sempre que se leve á mesma as costumes máis nobles da sociedade para ser dignos de representalos. ¿Cómo conseguilo? Profundizando na democracia local, par que esta sexa global.
Boiro, 10 de Maio de 2007

Asdo. Manuel Velo Velo