Carta do Candidato á alcaldía de Boiro polo ICB

Manuel Velo Velo - Candidato á alcaldía de Boiro por ICB

Estimado Señor/a:

Seguramente é vostede una das moitas persoas que se sinte decepcionada dos políticos, e posiblemente non lle falte razón, polo incumprimento de promesas electorais, polas mentiras, falta de interese e esquecemento dos problemas, acordándose uns meses antes das eleccións, levantando rúas con obras interminables que dificultan a vida cotiá. Lle comprendo, porque eu tamén fun vítima de políticos tramposos. Non todos son iguais. En todas partes hai xente informal, pero temos que seguir adiante.

Sen embargo permítame un pequeno exercicio de memoria, e recordar que durante os 9 anos que estiven de Alcalde (83 – 87), os poucos meses xa construiramos a Ponte Beluso, onde morreron moitas persoas e outras quedaron en cadeira de rodas. No ano seguinte unimos Escarabote con Boiro co Paseo Marítimo. O mesmo ano o Cemiterio e parte das Avdas. Constitución e do Saltiño a Cabo da Cruz, luz dentro das casas a 9 aldeas, alumeados públicos, Cruz Vermella, polideportivo Barraña, etc. Fomos os primeiros en poñer en marcha o servizo de policía nocturna e ambulancia e servizos sociais da comarca. Do 87-88, Casa de Cultura e Parque da Cachada. En Agosto do 88, rómpese o goberno por una moción de censura, volvendo a recupera-lo no 91-95. Fixemos o segundo paseo dende a Avda. Compostela – Saltiño, estrada recta a Abanqueiro. Fixemos as obras dende o Puntillón en Escarabote a Cabo de Cruz, para poder pasear, terminouse a Avda. Constitución, Centro de Saúde e varios centros de ensino; e non quero aburrirlle con máis datos.

Son consciente que si se cobra o salario todos os meses durante catro anos, tamén se debe traballar durante os catro anos de lexislatura. Si o Alcalde e o seu goberno non o fan, mal exemplo dan ante os funcionarios, e cidadáns.

Por iso lle pido que esta vez se esqueza da decepción e non se quede na casa o 27 de Maio. O seu VOTO é moi importante, para que siga traballando coa mesma intensidade e ilusión, que o fixen anteriormente. Co seu VOTO e a miña dedicación podemos e debemos mellorar as cousas.

Quedo á súa disposición. Un agarimoso saúdo.

Firma Manuel Velo Velo

Asdo. Manuel Velo Velo