|
O Pazo da Cultura
![]()
Aquí o tendes amigos, o Pazo da discordia, o pazo do que alardean os nosos políticos e co que sacan as fotos. A súa gloria por estes 8 anos de goberno. Xa chegou o Pazo da Cultura.
O igual ca cidade da cultura temos un pazo que aínda non se sabe para o que vai servir, aínda que si sabemos que teremos que pagar máis por él, pois comprar un pazo en ruínas supón ter que arranxalo e mantelo. Xa ten poucos gastos o concello para ter que soster o mantemento dun pazo. E o igual ca cidade da cultura, aínda non sabemos para que servirá. Seguro que algún pensou na posibilidade de servir para residencia do noso alcalde, pois xa que ninguén o quixo nestes anos, polo menos que poida durmir e o disfrute alguén.
Unha clara demostración do ben que coidan os bens culturais é o antigo concello (situado na rotonda que sube a costa de espiñeira), que todos saberedes que antes era o centro de Boiro e que agora, co permiso do concello, converteuse nunha trampa para os nenos e os veciños que pasean polas súas beirarrúas rodeadas de toxos, lixo e herba (que aínda que eu non me considero pequeno danme polo peito).
Opinión persoal: Penso que se non queredes estar aí ou vedes que non sodes capaces haberá outra xente que por moito menos teña máis ganas de traballar e o máis importante, que traballe. Para CALQUERA cousa podes poñerte en contacto con nós en "Facebook", "Tuenti" ou enviando unha mensaxe a: "ICBboiro@gmail.com"
|